«Falemos de Fútbol con Tere Abelleira, Vero Boquete, Diego López e Borja Iglesias»

0 minutes read

Cada vez son máis os  futbolistas que comparten a opinión de que o retorno do fútbol está sendo moi precipitado, que pasou pouco tempo, que despois do confinamento, o risco de lesión é grande. Nesta afirmación coinciden os galegos Diego López, Borja Iglesias e ata Vero Boquete. Os tres, convidados xunto a Tere Abelleira, nas charlas que organiza a Federación Galega de Fútbol falan dos riscos que ten retomar a competición.