Falsa alarma por un catamarán á deriva en Malpica

0 minutes read

Salvamento Marítimo activou unha alerta a última hora da mañá deste xoves debido á información recibida de que un catamarán estaba á deriva na zona de Punta Nariga, en Malpica. Ante un posible naufraxio mobilízase ao Helimer 401, á Salvamar Altair/LS Carmé, á Cruz Vermella e a Protección Civil, pero tras unha rápida xestión dos controladores de Salvamento Finisterre e Madrid, constátase que o que hai á deriva son restos dun naufraxio ocorrido en Portugal hai un mes co caso xa pechado. Acto seguido Salvamento Marítimo desactivou o operativo creado e todo quedou nha falsa alarma.