Familiares das vítimas de DomusVi demandan á empresa por vía penal

1 minutes read

Familiares de persoas residentes no centro DomusVi de Cangas, impulsan unha querela contra as responsábeis do grupo privado de residencias de anciáns, «líder en casos positivos por COVID-19 nas residencias galegas», segundo recolle o escrito de acusación presentado ante a Xustiza, máis do propio centro.

As familias consideran «unha nefasta xestión da crise sanitaria na residencia DomusVi de Aldán, en Cangas» durante dous meses nos que foron ignoradas mentres as súas parentes sufrían o desamparo tanto da dirección do centro como da propia Xunta, encargada de supervisar o servizo e a atención das persoas maiores residentes. Por este motivo, o escrito estende a súa acusación o persoal da Administración galega responsábel de velar polas persoas maiores dependentes.