38
Na sesión da Deputación Permanente do Parlamento Galego, o presidente da Xunta asegurou que «estamos potenciando a atención primaria que será clave e que se encarga de seguir a evolución dos pacientes que están no seu domicilio». Feijóo asegura que «a posición de Galicia é sólida para que o luns toda a comunidade autónoma poida pasar á fase 1» da desescalada, con todo, advirte sobre os posibles brotes que poden darse e que «non son en absoluto descartables no curto e medio prazo, sobre todo, a partir do outono».