Feijóo apela ao diálogo para abordar o modelo de financiamento autonómico

Cedida.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou a un diálogo sosegado e multilateral para abordar o modelo de financiamento autonómico, centrado nas persoas e non nos territorios.

Durante a súa participación na mesa La financiación de las autonomías: atender a la diversidad y a la cohesión, enmarcada no Foro La Toja-Vínculo Atlántico, xunto cos presidentes da Generalitat Valenciana, Ximo Puig; de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page; e de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, Feijóo remarcou que a financiación autonómica é clave para que funcionen os servizos públicos de España, recordando que o 50% do gasto público do país xestiónano as comunidades.

Así mesmo, insistiu na necesidade de establecer un sistema de cogobernanza “real e seria”. E, neste sentido, a modo de exemplo, lamentou que actualmente os fondos europeos de reconstrución conleven gasto corrente ás comunidades.

Concluíu pedindo tamén “rigor e cogobernanza” no criterio de reparto dos fondos Next Generation, de xeito que as comunidades non sexan “meras oficinas xestoras” das decisións que sinale o Goberno central.