O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, presentou este sábado no Congreso do PP en Madrid un manual de decencia como parte do seu proxecto de país con dez compromisos: 1) Proxecto nacional: «Non negociaremos a unidade dos españois» 2) Respecto á diversidade, «sen etiquetas nin prexuízos», co obxectivo de «unir e non enfrontar». «O PP non é unha seita, non podemos pensar todos o mesmo se cremos na liberdade» 3) Valores, servizo e democracia 4) Igualdade 5) Xustiza: «España non é un casarío para facer ou desfacer o que ao poderoso lle conveña» 6) Dignidade, como «lembrar os que deron a vida pola liberdade na loita contra ETA» 7) Interese xeral: «Nin compadreo nin tolerancia coa corrupción, coa que non se aplica dóbrea moral, sendo máis esixentes e duros cos nosos» 8) Centralidade, que «non é indefinición, é ambición de chegar a máis cidadáns e lograr acordos». «Quero volver ser un partido de dez millóns de votantes» 9) Determinación: «Quero gañar as eleccións xerais, prometo un cambio de raíz en España, non unas siglas por outras, trátase de facelo moito mellor» 10) Liberdade: «Sempre fun un presidente libre para poñer a España por diante de min e do partido». «Non imos confundir respecto con submisión, España nunca estará en venda».
Feijóo pediulle aos membros do novo Comité Executivo o seu compromiso e responsabilidade e que quen non se sinta con forzas que o diga antes da confirmación da nova executiva porque non quere que ocorra o mesmo que «ocorreu no Comité Federal do PSOE». Como peche do seu discurso, Alberto Núñez Feijóo asegurou que non vai equivocarse de prioridades e valores: «Non serei como eles, non quero un partido que mo consinta. Se fago o que fai el, botádeme, non consistades a degradación do partido», dixo nunha referencia velada ao Goberno de Pedro Sánchez. «Podo prometer e prometo, porque eu si teño palabra e téñoa», continuou o líder dos populares, que concluíu: «Se me queredes, votádeme».