Feijóo avanza 108 proxectos para optar aos fondos europeos cunha inversión de 9.400 M€


Estarían seleccionados en catro eixes para dar resposta aos retos sanitarios, económicos, sociais e medioambientais derivados da crise xerada pola pandemia, centraranse en: na modernización do tecido produtivo, na mobilidade sustentable e na transición ecolóxica, nunha Galicia máis cohesionada social e territorialmente e nunha administración dinámica e dixital.

Intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Uns proxectos, en definitiva, para promover, un crecemento económico: verde, dixital, e inclusivo, dixo Feijóo, subliñando que se trata dunha primeira entrega de iniciativas sólidas, definidas e estudadas para recibir e executar os fondos que correspondan que se remitirán ao Goberno central nas próximas horas.

O presidente da Xunta reiterou a necesidade de coñecer o criterio a seguir na distribución dos fondos, subliñando que non cabe un sistema de reparto por cotas territoriais nin á carta, senón que debe ser mediante concorrencia competitiva e primando o interese xeral e non criterios partidistas.