Feijóo avanza a nova estratexia do sector lácteo galego


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a nova estratexia do sector lácteo para impulsar a I+D+i e a profesionalización desta industria, co obxectivo de chegar a transformar o 75% do leite que se produce en Galicia. No tocante á nova estratexia do sector lácteo que se presentará este mércores, Feijóo subliñou que esta iniciativa contará con cinco eixes: produción, industria, mercados, cadea de valor, formación e innovación. “E aspirará ademais a aumentar o peso das denominacións de orixe protexidas de queixo na transformación industrial”, resaltou, asegurando que para iso se porán en marcha campañas de promoción das denominacións e a adaptación dos formatos e envases ás demandas do consumo.

Visita do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ao Grupo Leche Río.