Durante unha visita ás instalacións do Centro de Día O Xestal, en Monfero, Feijóo destacou o labor fundamental destos centros para impulsar a conciliación das familias con persoas maiores no rural e gabou a calidade de atención deste centro, que abriu as súas portas en 2020 e que conta con servizos como: fisioterapia e rehabilitación, psicoloxía, podoloxía, terapia ocupacional e transporte adaptado. Unha atención que ademais de garantir os bos coidados dos maiores, incidiu, son tamén un importante instrumento para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral das súas familias. Ademais deste centro, o Concello conta tamén cunha casa do maior, en funcionamento desde 2019; co Servizo de Axuda no Fogar, que atende a 60 persoas; e co programa Xantar na Casa, que conta con 20 beneficiarios.
39