Feijóo en desacordo co reparto dos 16.000 millóns anunciados para as autonomías

1 minutes read

O presidente da Xunta reclamoulle ao Goberno que se modifiquen os criterios para evitar tratos discriminatorios e tamén avoga por coxestionar a cuestión da renda mínima vital e que a renda que teñen as comunidades se amplíe en contía e beneficiarios coa contribución do Goberno, sen duplicar prestacións e sistemas. Tamén chamou a avanzar nas directrices de Educación para o vindeiro curso e fixo fincapé na necesidade de coñecer con anticipación as medidas previstas para cada fase da desescalada.  Reiterou a súa posición crítica co mantemento do estado de alarma e avogou porque España se dote dun sistema de emerxencia sanitaria con rango de lei orgánica.