12
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, pediu este domingo en Ourense directamente o apoio dos votantes de Vox e do PSOE para Alfonso Rueda nas próximas eleccións do 18F, para que “o sanchismo non goberne en Galicia” e non chegue á Xunta un “multipartito” liderado polo BNG.
Pola súa banda, Alfonso Rueda pediu o apoio para lograr unha maioría suficiente que lle permita cumprir o “pacto coa xente”, convencido de que o futuro de Galicia pasa por “manternos lonxe dese ruído e desa poxa constante que supoñen os nacionalismos e independentismos”. Defendeu que o PP é a única opción que “cumpre coa palabra”, fronte ás “loiadas constantes e manipulación” das forzas nacionalistas e independentistas para ter “rédito electoral”.