22
Alberto Núñez Feijóo, pediu ao presidente do Goberno en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez, manter unha reunión esta semana para dialogar e evitar un “bloqueo” e a “ingobernabilidade” de España, despois de que a formación arrebatase un escano aos socialistas co voto CERA, obtendo un total de 137. A proposta foi rexeitada este mesmo domingo polo secretario xeral do PSOE, quen emprazou a Feijóo a verse as caras despois da constitución do Congreso dos Deputados, o próximo 17 de agosto, “e unha vez designado o candidato proposto polo Xefe do Estado”, ademais repróchalle os seus pactos con Vox en concellos e comunidades.