34
O único gran debate da campaña das eleccións do 12 de xullo foi empregado en boa medida polo candidato á reelección polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, para escudarse en potenciais riscos dun posible Goberno das forzas da esquerda, que por varias vías se brindaron ao pacto para conformaren unha maioría alternativa. Mentres, o actual titular da Xunta, cun falar máis apresurado do que nel é habitual, xogou reiteradamente a carta do «máis vale malo coñecido». O debate finalizou pasadas as 00.20 horas cos tradicionais «minutos de ouro», en que as candidatas e os candidatos dispuxeron de 60 segundos para tratar de convencer a electoras e electores para que voten a súa alternativa o 12J.