Segundo informou Moncloa, o xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, mantiveron este venres un encontro no que o presidente do Goberno trasladou a Feijóo que o estado de alarma é o instrumento legal “máis sólido” para combater o coronavirus fronte á petición que fixera o mandatario “popular” de poñer en marcha unha lei de pandemias. Segundo defendeu Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior a este encontro, o líder galego atopou “receptivo” a Pedro Sánchez ante esta proposta. Feijóo pediulle a Sánchez que lles permita ás comunidades autónomas adiantar o toque de queda ás 20.00 horas e aplicar confinamentos domiciliarios nos municipios con incidencia do virus moi elevada, ademais de “transparencia no reparto de fondos europeos”, así como un criterio unánime para obrigar a usar a máscara FFP2 en determinados contextos e tamén que aumentase a taxa de reposición para permitir a Galicia convocar outras 3.500 prazas en sanidade.
21