Feijóo promete volver o ano que vén á romaría no Pino, pero como presidente de España

1 minutes read

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, clausurou, xunto a Alfonso Rueda, a romaría que o partido celebra cada ano no concello coruñés do Pino. Tras criticar a xestión de Pedro Sánchez en política de vivenda ou pola lei de só si é si, Feijóo mostrouse convencido de que o PP gañará as eleccións de maio, e comprometeuse a volver o ano que vén ao mesmo lugar pero xa como presidente do Goberno de España. O líder do PP cre que os do Goberno español deberían estarlle agradecidos por salvalos, dixo, da maior chapuza lexislativa que foi a lei de só si é si. E animou a Pedro Sánchez a vir a Galicia a aprender e non a insultar.