Feijóo recibe ao equipo feminino do CRAT A Coruña, campión de España de rugby

0 minutes read

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recibiu no Pazo de Raxoi ás integrantes do equipo feminino do Club de Rugby Arquitectura Técnica (C.R.A.T.) A Coruña, que recentemente se proclamou por segunda vez na súa historia campión da División de Honra. No acto tamén estivo presente o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.