Feijóo recoñece que volverá a ser candidato á Xunta

1 minutes read

O presidente da Xunta foi protagonista este domingo en dúas portadas xornalísticas. En Faro de Vigo apuntaba a que será candidato á Xunta de novo e que tentará esgotar a lexislatura, unha decisión que el condiciona ao que faga o futuro Goberno español.

Faro destaca en portada estas declaracións: «Hai xente que me di que agora non teño máis remedio que presentarme». Ademais, salienta que lle vai propoñer ao Goberno que lle conceda un empréstito á Xunta pola contía que lle debe en concepto de IVE.

Núñez Feijóo tamén monopoliza a portada de ABC e sinala que «o PSOE debe parar esa coalición e dicirlle a Sánchez que chame a Casado». O presidente da Xunta incide en que hai unha solución alternativa ao pacto dos socialistas con Pablo Iglesias.