Feijóo salienta os avances na construción da Cidade da Xustiza de Vigo


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou os avances na construción da Cidade da Xustiza de Vigo, “a obra xudicial máis importante da historia da Comunidade nestes 40 anos de Estatuto de Autonomía”, aseverou.

Tras a visita, Feijóo confirmou que as obras atópanse en avanzado estado de execución, co 75% delas finalizadas e co obxectivo de que os traballos conclúan no primeiro trimestre de 2021 e que ao longo do vindeiro ano se leve a cabo, tamén, o traslado de todas as infraestruturas xudiciais a esta nova sede.

Ao longo da súa intervención, aseverou que a rehabilitación do antigo hospital Xeral para acoller a futura Cidade da Xustiza é “un deses proxectos que transcende” e que deixan pegada nunha cidade. E recordou que esta infraestrutura, que conta cun investimento de máis de 40 millóns de euros e 44.000 metros cadrados, acollerá 37 unidades xudiciais -con espazo para outras 20, en caso de futuras ampliacións-; e a medio milleiro de profesionais da administración xudicial que contarán ademais cunha gardería con 40 prazas.

Intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, en Vigo.