O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou Laxe este luns, onde comprobou de primeira man o avance das obras de dragaxe do porto, unha demanda histórica de diferentes colectivos da localidade, tal e como recoñeceu o propio presidente do executivo galego.
Os traballos de dragaxe do porto de Laxe, que contan cun orzamento de 3,6 M€, comezaron no ano 2019 e na actualidade xa se atopan xa na súa fase final.
Feijóo estivo acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana e do alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, entre outros cargos da Xunta e diferentes personalidades.
Tras unha visita pola lonxa, Feijóo informou de que a Xunta acaba de contratar 30 estudos de dragaxe noutros tantos portos da comunidade.