O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, acusou ao Partido Popular de tentar “controlar a democracia pola porta de atrás” polo recurso de amparo presentado ao Tribunal Constitucional e advertiu das “graves consecuencias” que tería unha decisión na liña do requirimento dos ‘populares’. Nunha rolda de prensa na sede do PSOE en Madrid, Bolaños sinalou que esta semana será “clave” como consecuencia da “tensión institucional” que, ao seu xuízo, están a provocar os dirixentes do PP, a quen acusou de “levar ao límite ás institucións democráticas” no noso país. Para Bolaños, ao PP ocorréuselle “tentar algo que non sucedeu nunca en 40 anos de democracia”, que é “tombar unha lei antes de que se aprobe no Parlamento”.