33
- Sucedeu arredor das 12:30 horas na AC-840, que une as localidades de Betanzos e Oza -Cesuras
Unha muller tivo que ser evacuada en helicóptero este mércores despois de colidir o vehículo no que viaxaba contra unha casa no punto quilómetro 2 da AC-840, a estrada que une as localidades de Betanzos e Oza-Cesuras, na Coruña.
O incidente tivo lugar preto das 12:30 horas e foron varias testemuñas do mesmo quen avisaron ao 112 Galicia. A vítima, que quedara inconsciente, tivo que ser excarcerada do turismo polos equipos de intervención.
No operativo participaron persoal do 061, os Bombeiros de Betanzos, o GES de Curtis e os axentes da Garda Civil de Tráfico, que investigan as causas do accidente. Tamén foi necesaria a intervención do servizo de mantemento da vía.