26
Os bombeiros do parque provincial de Cee acudiron na mañá deste domingo a un accidente dun autobús que rozou cunha sinal de tráfico provocando a rotura dos cristais da parte traseira do vehículo. O sinistro producíase no cruce de Roget na estrada comarcal AC-552 ao seu cruzamento coa AC-550. A consecuencia da colisión, un rapaz sufriu lesións leves debido a pequenos cortes producidos polos cristais.