35
A condutora dun vehículo tivo que ser trasladada tras sufrir unha saída de vía no municipio de Dumbría. Foron as chamadas de diversos particulares, ao fío das 15:00 horas deste domingo, as que informaban ao 112 Galicia, dun coche que rematara nunha zona de árbores tras unha saída de vía na AC-552, ao seu paso da parroquia de Salgueiros, en Dumbría.
Nese momento, desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil.
Xa no punto, os membros de Protección Civil confirmaron que a condutora tivera que ser trasladada polo persoal sanitario ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.