38
Unha persoa resultou ferida de consideración na tarde deste domingo despois de que envorcase o coche no que viaxaba no lugar da Silva en Cerceda.
Para a atención da vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, no que foi trasladada a un centro hospitalario.
Nada máis ter constancia do sinistro, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.