Feridas tres persoas en Carballo ao caerlles encima un semáforo golpeado por unha furgoneta

1 minutes read

Un suceso atípico ocorría ás 18:20 horas deste xoves en Carballo. Un grupo de persoas esperaba turno para cruzar un semáforo peonil á altura do número 39 da rúa Vazquez de Parga, preto da panadería Forno Novo. Próximo a es punto conflúen tamén os accesos as rúas Anxel Fole, Baixa, Doctor Fleming e Valle Inclán, motivo polo cal o tráfico adoita ser intenso. Foi o caso de que unha furgoneta de reparto fixo unha manobra evasiva para esquivar a outro turismo e colisionou contra o semáforo ubicado no borde da acera. O aparello rompeu polo pé e caeu sobre as persoas que esperaban agardando para cruzar, con tan mala fortuna que golpeou a tres delas. A máis afectada foi unha muller de avanzada idade que presentaba un forte golpe na cabeza e tivo que ser evacuada do lugar en ambulancia tras a alerta pasada polo 112 Emerxencias Galicia. Debido á falta de medios sanitarios outras dúas persoas foron trasladadas ao centro médico por medios particulares. A Policía Local de Carballo instruíu dilixencias e investiga as causas deste suceso.