Ferido de consideración tras bater co seu coche contra un muro en Pontedeume

0 minutes read
  • Sucedeu pasadas as tres da tarde na DP-4803, en Centroña

Este martes unha persoa resultou ferida de consideración tras chocar con su coche contra un muro. Sucedeu pasadas as tres da tarde na DP-4803, en Centroña, Pontedeume.

Decontado o 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron profesionais do 061, axentes da Garda Civil e da Policía Local.