Ferido en Boqueixón ao saírse da vía e dar varias voltas de campá o vehículo no que viaxaba

1 minutes read

Unha persoa foi evacuada ao centro médico de referencia polos servizos sanitarios despois de saírse da vía o seu vehículo no concello de Boqueixón.

Segundo informaron os particulares que chamaron ao 112 Galicia, o turismo saíuse da vía cando circulaba á altura do lugar de Camporrapado e deu varias voltas de campá. De feito, as primeiras indicacións das testemuñas do suceso afirmaban que o ocupante necesitaría axuda para abandonar o coche sinistrado.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Ordes e de Santiago.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron que a persoa atopábase liberada e accesible.

Cómpre sinalar que os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade tamén foron informados.