21
Unha persoa resultou ferida ao envorcar co seu vehículo despois de saírse da vía mentres circulaba pola Travesía de Arteixo. Aínda que o condutor non quedara atrapado polos ferros do vehículo, o cinto de seguridade impedía a evacuación do ferido, por iso foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Arteixo. A vítima, tras ser liberada, foi evacuada polo persoal sanitario.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente grazas á chamada dun particular que viu o accidente desde a súa casa. Decontado se puxo en marcha un operativo no que participaron o 061, Policía Local e Protección Civil da localidade.