Ferido un menor tras ser atropelado na AC-552 en Baio, Zas

0 minutes read

O suceso producíase na mañá deste xoves, segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 8:20 horas na AC-552, na avenida da Coruña, á altura da panadería Caión. Ao punto desprazáronse os servizos de Urxencias Santiarias e a Garda Civil de Tráfico. A zona trátase dunha travesía perigosa donde conflúen varias rúas e estradas así como supermercados e centros de ensino, polo tanto con moito tránsito de turismos e de peóns.