30
- O accidente tivo lugar en Lonzas sobre as 20:15 horas deste pasado venres
Un motorista tivo que ser evacuado ao CHUAC tras resultar ferido despois de precipitarse co seu vehículo desde unha ponte en Lonzas, A Coruña.
O accidente produciuse arredor das 20:15 horas deste pasado venres, cando un particular alertaba ao 112 Galicia dos feitos, sinalando que o ferido se atopaba inconsciente debido ao impacto.
Decontado, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local. Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse tamén aos Bombeiros da Coruña e aos membros de Protección Civil da localidade.