- Ata o lugar desprazouse o GES de Brión, que tamén tivo que extinguir un lume nun garaxe dunha vivenda en Bertamiráns
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Brión participou este martes en dúas incidencias na localidade de Ames. A primeira sucedeu ás 7:30 horas, cando o 112 os alertaba dunha colisión entre un vehículo e unha motocicleta na AG-56 (quilómetro 8) sentido Santiago. O motorista resultou ferido e foi trasladado polos sanitarios ata un hospital. No operativo participaron dous efectivos do GES de Brión e unha bomba urbana lixeira.
Unhas horas máis tarde, sobre as 12, a mesma dotación extinguiu un lume no interior dun garaxe na Avenida da Peregrina, á altura do número 8, en Bertamiráns (Ames). O lume afectou a un vehículo pero, segundo fontes do GES, o propietario do mesmo xa conseguira apagar as lapas cos seus extintores. De todos xeito, como o turismo tiña moita carga térmica, o equipo de emerxencias tivo que arrefrialo para, posteriormente, ventilar o lugar. Tamén colaboraron a Garda Civil e Policía Local de Ames.