Filipe VI, positivo en coronavirus con ‘síntomas leves’

0 minutes read

Segundo informou a Casa do Rei este mércores nun comunicado, Filipe VI deu positivo en coronavirus nunha proba que se lle practicou tras presentar desde a noite deste martes «síntomas leves» da enfermidade. Isto obrigará o monarca a permanecer en illamento durante sete días, durante os que quedarán suspendidas as actividades oficiais que tiña previstas. A nota afirma que o estado xeral de saúde do rei «é bo», de modo que poderá manter a súa actividade institucional desde a súa residencia, aínda que suspendese os actos oficiais.