Alberto Quiles foi o nome propio do partido entre o Pontevedra e o Deportivo. Entrou no último partido da liga regular cunha máscara, marcou o gol do empate no 85′ e tivo que marchar lesionado cun problema no xeonllo despois de pisar dunha maneira moi aparatosa. Tras non conseguir o seu primeiro obxectivo de ascender de maneira directa como campión do Grupo 1, o Deportivo afronta desde agora mesmo a súa segunda oportunidade para gañarse un posto na categoría de prata a tempada que vén. E xa sabe cal será o seu camiño, co Castelló como primeiro escollo e partido entre Real Sociedade B – Alcorcón na outra eliminatoria. A competición non descansa e xa a próxima fin de semana, o equipo deportivista arrincará o seu camiño de catro partidos para ascender a Segunda División. Dúas eliminatorias a ida e volta sen valor dobre dos goles e nas que, en caso de empate ao termo da prórroga, pasará o mellor clasificado en liga regular. O sábado 3 ou o domingo 4 de xuño, o Deportivo enfrontarase ao Castelló en Riazor. Mentres, a seguinte fin de semana (sábado 10 ou domingo 11), xogarase a volta en Castalia.
9