Fin de semana | Aviso vermello no litoral galego

1 minutes read

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou o aviso vermello por temporal costeiro en todo o litoral galego para esta fin de semana por ondas de ata nove metros. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo no norte e noroeste da Coruña e na Mariña lucense, estendéndose na madrugada deste sábado ao suroeste da Coruña e a Pontevedra, con ondas de ata nove metros.

A situación na costa é moi complicada e obrigou a frota a permanecer amarrada. O vento deixou xa en Galicia refachos de 118 quilómetros por hora no municipio lucense de Muras e provocou desprendementos de dous flotadores de bateas e de tellas na Coruña, entre outros incidentes. Dende as institucións pregan tomar as medidas de precaución necesarias e restrinxir os acercamentos innecesarios á costa.