O festival Fisterra Blues Experience chega esta fin de semana á súa quinta edición, para a que conta co apoio económico da Xunta de Galicia a través da convocatoria extraordinaria de axudas para espectáculos musicais dentro da programación do Xacobeo 21-22. A organización presentou o cartel que desenvolverá o sábado 18 e o domingo 19 e a través da que busca ofrecer unha experiencia cultural e de ocio coa música e o Atlántico como protagonistas.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, interviñeron na presentación do festival no Semáforo de Fisterra, xunto aos representantes municipais e a Vítor Velho, de Nordesía Producións, promotora do evento.
