40
Artesanía, comercio, automoción, gastronomía, servizos e hostalería danse cita durante toda esta fin de semana na XI edición da Feira da Primavera de Santa Comba. Máis de medio cento de tendas ofrecen os seus produtos e servizos no Recinto Feiral xalleiro. Este sábado a feira estará aberta ininterrompidamente de 10 a 21 horas, e mañá domingo de 10 a 20,30 horas. Como sempre, trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Empresarios de Santa Comba, presidida por Alberto Romar, e que nesta ocasión estivo representada pola secretaria da Entidade, Cristina Silva. O encargado de presidir a inauguración este venres foi Manuel Andrés Iglesias Mouro, en calidade de alcalde en funcións.