Xornada desigual para os equipos do Balonmán Xallas


A fin de semana non foi a esperada para os equipos senior masculino e femenino. Ningún dos dous equipos foi capaz de conseguir a vitoria nos seus encontros, a pesar da mellora táctica e unha maior concretación que demostraron ambos conxuntos.

Destacan e agradecen a Electro Xallas e a El Juguetón Santa Comba-Negreira as camisetas de adestramento. Esperan seguir recibindo a axuda do pobo para seguir adiante.

A fin de semana comezou co partido amigable entre el Balonmán Xallas masculino y Parrillada La Ronda Arteixo, un dos rivales ligueiros do clube xalleiro. Foi un encontro moi desputado no que ámbolos dous conxuntos estiveron por diante no marcador en distintas fases do partido. O Xallas tivo un comezo moi prometedor, cunha boa defensa e un ataque que fixo que mandase no marcados con rendas cortas. No meridiado na primeira parte os visitantes fóronse impoñendo con pequenos parciais a favor, que provocou que se puxeran por diante. Os xalleiros acortaron distancias e se volveron a poñer por diante na segunda metade grazas o cambio no sistema defensivo, pero un final con moitas precipitacións en ataque fixo que se rematase cun empate a 21, que sirve para ir collendo ritmo de competición e mellorar os erros cometidos.

Destacar a actuación de Luciano e Segundo, os dos xuvenís do equipo que fixeron una excelente labor ofensiva e defensiva. Tamén, a defensa en xeral, que fixo que os goles recibidos fosen so 21, e axudaron a unha portería que está collendo o ritmo competitivo.

O próximo sábado as 17:00 da tarde no pavillón de Novo Mesoiro é contra o Lingus Linea 21 a segunda xornada de copa. Será un partido complexo cuns dos aspirantes o ascenso e que renovou por completo a súa plantilla. O equipo dirixido por Abel Valcarcel, ten grandes xogadores o que farán sudar os nosos xogadores. Por parte do equipo dirixido por Miguel Barbeira, se espera recuperar a Óscal Aldao e a Tito, da súas lesións musculares. Pola súa banda, tanto Antón Traba como Roi Alfeirán, seguén traballando para reincorporarse o grupo.

Pola súa banda, o Mantido S. L. Construc. Xallas, perdeu o encontro correspondente a quinta xornada ligueira e adiantado para o domingo 26 de outubro.

Empezaban as xalleiras con pouca intensidade e presa no posicional, o que levou ó equipo rival a conseguir rentas amplas, pero cun axuste en defensa e máis tranquilidade no ataque as de Mantido estiveron no partido durante a primeira metade (16-11).

Logo do descanso a falta de folgos e cambios facían que un Lavadores superior nesta segunda parte se fora fácilmente con amplias vantaxes, rematando cun resultado final 34-22, que non mostra a igualdade entre ambos conxuntos. En tarefas ofensivas destaca a aportación de Raquel Vilariño e de Zaira González, acompañadas do resto de compañeiras que fixo que todas puidesen aportar en ataque. A defensa debe axustarse nas próximos adestramentos a pesar da intensidade que demostrou todo o equipo.

Para o fin de semana se volven a desplazar a provincia da coruña a xogar o partido correspondente a xornada 4º da competición ligueira, contra o Cies Obra Civil Chapela o sábado as 17:00, no que se espera conseguir os dous puntos que farían que suberan varios postos na clasificación. Laura Barbeira non puido xogar por lesión se espera que esté disponible para o seguinte partido. Pola súa banda, a porteira Leticia Álvarez estará máis xornadas de baixa.