Andrés Prieto Villar debutaba na localidade polaca de Olsztyn, nunha das probas do calendario ITU, a Copa de Europa Junior de Tríatlon, e o facía na súa mellor versión loitando polo podio. Con esas o da AD.Fogar acadaba a 5ª praza a 39” do vencedor da proba e a tan só 19” do podio, e todo iso a pesar de ser junior de primeiro ano e sufrir unha caída no sector ciclista.
Por outro lado, no Tríatlon do Concello de Oleiros, Pedro López Otero facíase coa victoria absoluta da proba e a da súa categoría a xuvenil en tanto que Rubén Otero Losada acadaba a prata xuvenil, Alba Otero Losada a prata junior e Marta González Rivas lograba facerse coa victoria na categoría xuvenil.
Por se fora pouco Nicolás Pichel Castro remataba no top 20 da categoría de 40 a 44 anos e de 135 na clasificación xeral do Tríatlon Internacional Tradeinn 140.6 de Platja D’Aro. Proba de distancia ironman na que invertía 10 horas, 55 minutos e 21 segundos en completala logo de 3,8 quilómetros de natación, 180 quilómetros de bici e 42,2 quilómetros de carreira a pé.