Finais e entrega de premios do Torneo de Fútbol de praia de Malpica

1 minutes read

Este mércores celebrouse a final e a entrega de premios do Torneo de Fútbol de praia no que participaron uns 70 nenos e nenas, durante todo o mes de agosto no concello de Malpica. Os resultados das finais, clasificación e mellores xogadores,  foron os seguintes:

A final 2ª de maiores entre “laranxiños” e “galácticos” foi (1-2) mentres que a de peques entre “betis” e “naranja mecánica” dou en empates (1-1) desempatando este último a penaltis.

Na final 1ª de maiores , os gañadores foron “los cojos” a 3 goles fronte os 2 do equipo “merengones”. En canto a final 1ª de peques os resultados foron a (1-0) sendo os vitoriosos “los merengues” fronte a “los jaimitos”

Por outra banda, as clasificación en relación cos equipos, desenvolveuse deste xeito:

5º clasificado:  turquesas

Subcampión 2ª división peques: betis

Subcampión 2ª división maiores: laranxiños

Campión 2ª división peques: naranja mecánica

Campión 2ª división maiores: galácticos

Subcampión 1ª división peques: jaimitos

Subcampión 1ª división maiores: merengones

Campión 1ª división peques: merenguitos

Campión 1ª división maiores: los cojos

Por último premiouse aos mellores xogadores e mellores compañeiros os cales se elixiron entre eles, cos seguintes resultados:

Mateo Recarei, mellor xogador na categoría de maiores, e Jaime na categoría de peques.

O premio a mellor compañeiro na categoría de maiores foi para Moises, mentres que na categoría dos peques recaeu en Hugo Rodríguez.