Final Champions League | Manchester City 0 – Chelsea 1

0 minutes read

O Chelsea é o novo campión de Europa. Un equipazo cun extraordinario adestrador, Thomas Tuchel, cruzouse no camiño de Pep Guardiola co Manchester City, derrotado por primeira vez nunha final de Champions, superados el e os seus xogadores polos ‘blues’. Asistiu Mount, marcou Havertz e fíxoo todo N’Golo Kanté, que serigrafiou a segunda Champions do Chelsea. Gran momento para gozar de algo histórico para os afeccionados do Chelsea ao rededor de todo o mundo e que teñen en Oporto a súa capital da felicidade persoal.