A remodelación do centro de saúde de Pontecesures incluíu cinco obras consistentes na renovación das luminarias, o pintado interior do inmoble, a limpeza e reparación das cubertas, a mellora da área de administración e o acondicionamento da zona de acceso.
Así, substituíronse as antigas luminarias por outras de tecnoloxía Led coas que se pretenden acadar os valores de luminosidade acordes á normativa e reducir o consumo de enerxía nun 50% e procedeuse ao pintado do interior do inmoble, con especial atención ás zonas deterioradas e ás que se beneficiaron destas obras.
Tamén se procedeu á reparación, sellado e limpieza do tellado e dos canalóns de auga, mellorouse a funcionalidade e servizos da área de administración con novos sistemas eléctricos, pintado e instalación de mesados e renováronse os falsos teitos da entrada principal e dos pasillos co obxectivo de gañar en confortabilidade e eficiencia.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a xerente da área sanitaria de Santiago e O Barbanza, Eloína Núñez, supervisaron esta actuación nunha visita realizada a este punto médico xunto ao alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, e outros representantes municipais.