Finalizan as obras de mellora da capa de rodaxe no viario de Baíñas, Vimianzo

1 minutes read

O Concello de Vimianzo vén de concluír as obras de mellora da capa de rodaxe do viario de Baíñas ata o acceso do Sixto, incluído no POS+2024.

Os traballos, que contaron cun orzamento de case 62.000 euros, tiveron como obxectivo mellorar as condicións de circulación e seguridade da vía. Actuouse sobre tres treitos diferenciados nos que se aplicou unha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros.

A intervención completouse coa correspondente sinalización vertical e horizontal, que inclúe o pintado de símbolos e liñas de bordo, co fin de garantir unha circulación máis segura.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, destacou que se trata “dunha estrada moi empregada polos veciños e veciñas” e que a actuación permite “facilitar a mobilidade en condicións óptimas”.