Esta fin de semana 9 e 10 de decembro celebrouse en Dumbría a primeira edición da Copa de España Loterías de Mushing terra 2023-24. Tras os excelentes resultados obtidos no mundial IFSS tamén en terra disputado en Ólvega, os mellores mushers españois volveron citarse en terras galegas.
Foi a primeira edición na que esta localidade acolleu unha proba da Copa España Mushing, sendo Galicia unha das comunidades autónomas que ten o mushing como a súa disciplina máis notoria dentro dos deportes de inverno.
Os 179 rexistrados nas disciplinas de Canicross, Bikejoring e Patín/Scooter, competiron nun percorrido máis curto do planeado. A decisión foi tomada polo Delegado Técnico, máximo responsable da proba, debido ás altas temperaturas.
En ambas as xornadas estiveron presentes a choiva e a néboa, o que deu como resultado unha competición en condicións auténticas do mes de decembro nas verdes terras galegas, pero con total seguridade para cánidos e deportistas.
Os resultados completos pódense ver e descargar aquí ou na páxina web da RFEDI.