FIOT en pausa | Este domingo acolleu dúas estreas absolutas no Metro Cadrado

0 minutes read

O FIOT en pausa acollleu na mañá deste domingo dúas novas estreas absolutas no marco do IV Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado: Manuela é unha inuit. Política postcovid, de Producións Sr. López, e Evasión, de Utopías. Pola tarde celebráronse dous novos pases de cada peza no Pazo da Cultura.

A vindeira cita coas artes escénicas será este luns, 12 de outubro, ás 20.30 horas tamén no Pazo da Cultura. Sarabela Teatro representará A lingua das bolboretas. Aínda quedan entradas dispoñibles en ataquilla.com.