Formoso deixará a dirección do PSdeG no próximo congreso do partido

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, confirmou este martes que deixará a dirección dos socialistas galegos no próximo congreso que celebre a formación.

Así o destacou ao ser preguntado polos xornalistas nun acto celebrado en Oleiros, onde sinalou que o seu «papel» na dirección finaliza «cando finalice o congreso».

Formoso dixo que se centrará no seu traballo como presidente da Deputación da Coruña e como alcalde do Concello das Pontes e aproveitou para volver mostrar o seu apoio ao candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, para que «dote de estabilidade» o partido e obteña un «magnífico resultado» dentro de catro anos.