26
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, confirmou este martes que deixará a dirección dos socialistas galegos no próximo congreso que celebre a formación.
Así o destacou ao ser preguntado polos xornalistas nun acto celebrado en Oleiros, onde sinalou que o seu “papel” na dirección finaliza “cando finalice o congreso”.
Formoso dixo que se centrará no seu traballo como presidente da Deputación da Coruña e como alcalde do Concello das Pontes e aproveitou para volver mostrar o seu apoio ao candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, para que “dote de estabilidade” o partido e obteña un “magnífico resultado” dentro de catro anos.