Formoso emprazou a empresarios e sindicatos a pechar un acordo para aumentar os salarios

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou este Primeiro de Maio as iniciativas do goberno presidido por Pedro Sánchez para blindar as melloras laborais. Formoso participou na manifestación convocada en Vigo con motivo do Día da Clase Traballadora, que “este é un día de celebración” grazas á xestión do Executivo, “no camiño de recuperar os dereitos dos traballadores e das traballadoras”.

O dirixente socialista reivindicou os logros o goberno e emprazou a empresarios e sindicatos a acadar un acordo salarial que consolide os dereitos dos traballadores. Sinalou que o PSOE é “o partido dos traballadores”, que permitiu afrontar a celebración do 1º de Maio deste ano “cunha parte dos deberes feitos”.

Sinalou a suba do Salario Mínimo Interprofesional un 40 por cento en 4 anos ata acadar os 1.080 euros mensuais, así como a aprobación da reforma laboral malia o posicionamento en contra do PP. Grazas a esta reforma, dixo, “por unha vez impera claramente a estabilidade laboral” atendendo ás demandas “de hai décadas” dos traballadores e traballadoras contra a precariedade, concluíu.