O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle á Xunta que lle entregue a metade da recadación por combustible que lle cede o Estado ás 9.700 empresas galegas afectadas pola “alza salvaxe dos custes enerxéticos”. Explicou que se trata de 277 millóns de euros dun total de 557 que a Xunta recibe do Estado para subvencionar 36.000 litros de gasóleo de promedio por empresa durante 2022. O responsable socialista apuntou que “é o momento de estar á altura das circunstancias”, polo que lle reclama á Xunta que execute en Galicia esta medida “xusta”, a mesma que Feijóo lle está a reclamar ao Estado. Urxiu ao goberno galego a que habilite estas axudas a través dunha convocatoria urxente dende o Consello da Xunta a través dunha fórmula de prepago aos transportistas que podería ser desbloqueada nun prazo de 7 a 48 horas.
19