O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, recolleu as reivindicacións da Plataforma Galicia Baleira dirixidas á mellora das infraestruturas, os servizos sanitarios, a atención aos maiores ou a fiscalidade no rural. Formoso valorou as aportacións do colectivo e sinalou que as reivindicacións terán reflexo no programa electoral dos socialistas galegos. Así o dixo nun encontro co responsable do colectivo, Jesús Vázquez Varela, así como dunha trintena de colectivos e entidades, na sede da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, no que tamén participaron a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e a deputada provincial Pilar Porto. O responsable socialista recolleu as principais demandas destes colectivos como parte dun amplo dossier que integrará no seu proxecto para o interior do país.
27