A moción de censura levada a cabo por PSOE e Ciudadanos para que Ana Martínez Vidal fose presidenta da Región de Murcia confirmou o seu fracaso este xoves na Asemblea Rexional. Esta foi rexeitada con 23 votos en contra, 21 votos a favor e unha abstención, a de Alberto Castelo. Fernando López Miras seguirá sendo o líder do Executivo autónomo despois de chegar a un acordo nun primeiro momento con tres deputados de Ciudadanos (Isabel Franco, Valle Miguélez e Francisco Álvarez) e pactar cos expulsados de Vox para que votasen en contra da iniciativa política auspicidada por Martínez Vidal e Diego Conesa. A moción foi presentada contra o que califican de goberno «corrupto» que, critican, coou a 600 autoridades na vacinación contra a Covid-19. O que non contaban é con que tres deputados da formación laranxa, a metade do grupo parlamentario, abandonasen o partido e pasasen a formar parte do Goberno de Fernando López Miras.
31